                                   Tux Paint
                                 versión 0.9.27
                               Documentación SVG

    Copyright © 2007-2021 por varios colaboradores; vexa AUTHORS (AUTORES).
                            http://www.tuxpaint.org/

                               9 de Marzo de 2021

     ----------------------------------------------------------------------

Sobre os SVG

   SVG (Scalable Vector Graphics — Gráficos Vectoriais Escalábeis) é un
   estándar aberto usado para describir gráficos vectoriais bidimensionais. É
   xenial para diagramas e formas, mentres que PNG son mellores para
   fotografías. Os ficheiros SVG son un pouco como instrucións sobre como
   facer unha imaxe. Isto significa que poden cambiarse de sen que aparezan
   pixelados ou bloques.

   Para obter máis información, visite:https://www.w3.org/Graphics/SVG/

Como facer imaxes SVG

   Unha excelente ferramenta coa que crear imaxes SVG para o seu uso en Tux
   Paint é Inkscape, un programa de debuxo interactivo de código aberto de
   alta calidade.

   É probable que xa estea instalado no seu sistema. Se non, debería estar
   dispoñíbel no repositorio de software da súa distribución Linux. Se non,
   ou para saber máis, visite http://www.inkscape.org/, respectivamente.

Usuarios de Mac e Windows

     * CorelDRAW (Corel) — http://www.corel.com/
     * Illustrator (Adobe) — http://www.adobe.com/products/illustrator.html
